Día
Xoves 9 de outubro 2025

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)

Entrada
5 €

Duración
50 minutos

Público
Todos os públicos (+ de 12 anos)

Empaque de que? O malabarista lanza a pelota ao aire, o flamenco recolle a bata de cola mentres o artista calza as luvas de boxeo para dar patadas coma se fose un rapaciño que tararea unha pregunta que lle rolda a alma. Ti enténdelo?

Nesta viaxe emocional, na que o circo e o flamenco entrelázanse co humor para falar sobre identidade e raíz, crúzanse os límites establecidos para levarnos á propia esencia, alí onde inseguridades e fortalezas se confunden a ritmo de compás, lanzamentos, rebotes e queixumes. Cunha linguaxe contemporánea, mestura malabares, cante, ritmos e palabra para formular unha pregunta universal: quen son? Se ti a tes a resposta…Olé, ti!

Germán J. López Galván sorprende por unha linguaxe propia froito da investigación e experimentación na que fusiona o circo e o flamenco. Este segundo espectáculo da compañía é froito da colaboración cun equipo creativo de gran relevancia tanto no mundo circense como no flamenco. Estreouse hai só uns meses, pero colleitou xa importantes premios ao mellor espectáculo en feiras como Fetén ou a de Andalucía.

Ahhhh, que yo no soy aquel que era!
Experiencias, recordos, emocións,... son capas que se entrelazan para definirnos como persoas únicas. Conformar a nosa identidade é un camiño que nos acompaña toda a vida.

Intérprete: Germán J. López Galván

Vestiario: Laura León

Vídeo: MacShalbert Productions

Asistencia en coreografía malabar: Miguel Frutos y Morgan Cosquer

Asesoría en voz flamenca: Alicia Acuña

Asesoría en percusión flamenca: Javier Prieto

Asesoría en manipulación de títere: Eudald Ferré

Asistencia coreográfica: Asunción Pérez “Choni”

Música e espazo sonoro: Raúl Cantizano

Iluminación: Irene Cantero

Posta en escena: Germán J. López Galván, Ana Donoso Mora

Documentación e letras flamencas: Javier Blancart

Coreografía: Germán J. López Galván

Dramaturxia e dirección: Ana Donoso Mora