Día
Sábado 25 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
90 minutos
Público
A partir de 14 anos
Día
Sábado 25 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
90 minutos
Público
A partir de 14 anos
Sobre o espectáculo
Inés asiste ao velorio de Pilar, quen decide deixarlle a súa casa en herdanza sen tela coñecida nunca e sen avisar á súa neta. Xuntas descubrirán un pasado que descoñecían, abrindo vellas feridas familiares que se remontan á infancia de Pilar durante os últimos meses da Guerra Civil e á súa mocidade.
Sobre as táboas veremos a catro mulleres de diferentes xeracións que buscan ese lugar que tanto anhelan e imaxinan que algúns chaman liberdade.
Este é o debut como directora de Elisabeth Larena, autora tamén do texto, á que, durante a súa escritura, acompañaron as súas memorias, que non foron vividas por ela, senón pola súa avoa.
O espectáculo está protagonizado por María Galiana, grandísima actriz de cine e de teatro, gañadora dos máis importantes premios como o Goya ou Mérito a las Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse ás táboas Nieves de Medina, Alicia Armenteros e a galega Ledicia Sola. Esta función inicia a xira desta nova aventura dunha das produtoras galegas máis sólidas, Contraproducións.
”Canto pesan as herdanzas emocionais, esas que ninguén reclama, pero que fan sufrir a xeracións?
Ficha
Interpretación: María Galiana, Alicia Armenteros, Nieve de Medina e Anna Mayo
Dirección: Elisabeth Larena