Día
Venres 24 de outubro 2025

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
12 €

Duración
110 minutos

Público
Adulto

A só 14,4 quilómetros de distancia existen dous mundos que parecen inalcanzables entre si. Ahmed, un neno que foxe do maltrato familiar en Tánxer, sobrevive nas rúas soñando con chegar a España, ese paraíso imaxinado que promete unha vida mellor. Pero ao outro lado da fronteira comeza unha nova odisea, afastada do soñado pero chea de humor, aventuras, solidariedade e loitas inesperadas.

Non é un conto. O protagonista interprétase a si mesmo nunha actuación desbordante de autenticidade e magnetismo que destila humanidade e pola que foi recoñecido nos Premios Max como finalista a mellor actor.

Peris-Mencheta coñeceu a Ahmed hai 15 anos e prometeulle que o subiría a un escenario para compartir a súa historia co público. En colaboración con outro referente do teatro actual como Juan Diego Botto, constrúen agora un relato de migración, soños e supervivencia, cunha linguaxe sobria e realista pero á vez lírica e poética que nos encollerá o corazón.

IMPORTANTE! Utilízanse aparatos de luz estroboscópica que poden afectar a persoas con problemas de epilepsia.

A Ítaca coa que soña todo viaxeiro.

Interpretación: Ahmed Younoussi

Vestiario: Elda Noriega

Composición musical: Joan Miquel Pérez

Deseño de son: Benigno Moreno

Vídeoescena: Ezequiel Romero

Deseño de iluminación: Javier Alegría

Deseño de escenografía: Alessio Meloni

Dramaturxia: Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta e Ahmed Younoussi

Dirección: Sergio Peris-Mencheta