Xoves 31 de outubro, ás 18.30h
Vania x Vania

Sobre a actividade

Conversa ao redor da estrea en Galicia do espectáculo de Teatro Kamikaze Vania x Vania no FIOT33.

O director Pablo Remón volve a Tío Vania, unha obra mestra da literatura e do teatro, para falarnos da familia, das relacións e, sobre todo, de desexos insatisfeitos e soños incumpridos. Quen es?, Como elixes vivir a túa vida? É a túa vida unha comedia ou unha traxedia?

Vania x Vania (versión 1) forma parte do ambicioso e interesante proxecto Vania x Vania, composto por dúas obras interpretadas polos mesmos actores. Dous camiños diferentes ao mesmo texto de Chéjov, reescritos en estilos completamente distintos polo Premio Nacional de Literatura Dramática 2021 Pablo Remón.

Un escenario baleiro e seis cadeiras. Esta “versión 1” é un Chéjov espido, esencial. Un achegamento minimalista ao texto e á interpretación, a cargo dun reparto de auténtico luxo, con seis extraordinarios actores encabezados por Javier Cámara, recoñecido coa Medalla ao Mérito nas Belas Artes, ademais de numerosos premios.

Sobre Pablo Giraldo

Profesional con máis de 15 años de experiencia no ámbito da comunicación, a mediación e a xestión cultural, como director de comunicación e responsable de prensa de institucións de artes escénicas, tanto privadas (Teatro Kamikaze, Premio Nacional de Teatro 2017) como públicas (Teatro Español), ademais de xornalista cultural especializado en artes escénicas, en cabeceiras de referencia como Vanity Fair, Revista Cultura SGAE, El Español, JotDown ou Shangay, entre outras.

Participa: Javier Cámara, Marta Nieto, Israel Elejalde, Manuela Paso, Juan Codina e Marina Salas
Modera: Pablo Giraldo