Día
Mércores 16 de outubro 2024
Hora
11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Entrada gratuíta para alumnado de Secundaria
Duración
70 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a ser tabú.
A través de situacións cotiás, expóñense as presións, os estereotipos e as frustracións que xorden da falta dunha formación sexual adecuada.
Utilizando o humor, en DeseXo convídase a reflexionar sobre a educación sexual na sociedade, cuestionando como a pornografía e as redes sociais están a ocupar o espazo que debería corresponder ao fogar e aos centros educativos.
Este espectáculo xorde dun proceso de investigación da compañía ceense Talía en colaboración coa sexóloga Barbara Penas.
Ao remate da función haberá un encontro coa compañía.
”Porque desexos hai moitos, si, pero que sabemos realmente de sexo?
Ficha
Intérpretes: Marta Ríos e Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Iluminación: Dani Trillo
Escenografía: Víctor Núñez
Autoría e dirección: Diego Rey