Día
Domingo 27 de outubro 2024

Hora
18.30 h

Espazo
Centro Social de Verdillo

Entrada
5 €

Duración
65 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Dous amigos da infancia. Sabucedo. Un cabalo salvaxe. Un reto. Un encontro inesperado que espertará os instintos dunha revolución sexual en Roi e Rafa que levan ocultando desde que se coñecen.

A compañía galega Sal do Teatro achéganos un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente, na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo. Trátase dun canto á diversidade e dunha homenaxe á tradición galega. Unha historia de amor prohibido e liberdade que nos convida a reflexionar sobre a aceptación, a valentía e o dereito a vivir en plenitude, sen importar as marxes impostas.

As nosas lembranzas da mocidade son só iso, lembranzas.

Ficha

Intérpretes: Borja Salgado e Santiago Telmo
Escenografía e vestiario: Sal do Teatro
Iluminación, audiovisuais e son: Álex Sobrino
Texto: Santiago Telmo e Carlos Losada
Dirección: Rocío Romero
Coa colaboración de: AC e X. Arume de Verdillo