Día
Venres 27 de setembro 2024

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva, trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)

Entrada
Entrada gratuíta

Duración
50 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Pais “primerizos” e acróbatas. E, hoxe, comezan o día co seu “máis difícil aínda”: que non son os mortais nin as piruetas, senón a conciliación. O espectáculo ten que comezar… e o bebé acompañaraos. Agarran o carro e saen á pista.

Espectáculo acrobático de saltos frenéticos e agarres de último momento no que o caos e a torpeza convértense en comedia, nunha combinación única con humor, acrobacias e a técnica circense da báscula, o seu distintivo.

Lullaby é o novo traballo de Proyecto Kavauri, compañía andaluza de circo contemporáneo que conta con multitude de premios acadados a nivel nacional e internacional, como os once premios conseguidos en Circada 2023 por esta creación tan orixinal.

Humor, acrobacias e circo... cun bebé.

Ficha

Intérpretes: Claudia Ortiz e Carmine Piccolo
Vestiario: Laura León
Escenografía: Carlos Monzón
Dirección: Claudia Ortiz e Carmine Piccolo