Día
Sábado 5 de outubro 2024

Hora
23.00 h

Espazo
O Patacón

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Isto vai moito máis aló dun simple concerto.  Con tan só unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces, os insensatos  David Taboada e Iván Valdés  conseguen darlle unha volta ás cancións de toda a vida, presentándoas dun xeito fresco e divertido. e Desde o primeiro acorde, a complicidade do público converte  cada actuación nunha festa disparatada.

Influenciados polos mestres do humor musical como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules, estes dous artistas mergúllanse nunha aventura que mestura  o teatro, a comedia e a música.  Unha auténtica viaxe no tempo onde as cancións que coñecemos son revisitadas cun toque de retranca e unha chispa de tolemia.