Día
Venres 4 de outubro 2024
Hora
21.00 h
Espazo
Casino 1889
Entrada
4 €
Idade
Todas as idades
Sobre o espectáculo
Como reunir nun palco a unha narradora galega e a unha arpista francesa? Cal é a relación entre Claude Debussy e San Andrés de Teixido? O vínculo entre as rosquillas e a música romántica, entre a tradición oral galega e o repertorio da arpa clásica, entre os contos e as cordas.
Percorreremos un mesmo camiño na busca dun lugar común entre as nosas dúas formas de expresión. Entre a palabra de María da Pontragha, antropóloga e contadora de historias que sempre pon o acento na cultura das xentes de aldea como parte do realismo máxico da Pontragha, e a música de Bleuenn Le Friec, recoñecida arpista bretoa e galega de adopción.