Día
Xoves 26 de setembro 2024

Hora
21.00 h

Espazo
Mesón do Pulpo

Entrada
5 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Cando pensamos que o sabemos todo, igual é o momento de pensar que non temos nin idea. Ou igual a nosa versión dos feitos non é a única boa. É máis, igual é a peor versión de todas. Que quero dicir con isto? Non o sei. Pero estame gustando escribilo.

O popular actor e monologuista Federico Pérez levaranos de viaxe polas paisaxes da súa vida para coñecer algúns dos personaxes que o marcaron como cando nas películas do oeste se marcaban as vacas e os cabalos. E para iso, dará a súa versión dos feitos: de cando naceu, como se criou, da súa nai, do seu pai, da súa avoa, do lugar no que medrou, de onde está agora e, sobre todo, do lugar ao que, seguro, vai chegar: a morte.

Pero ademais de contalo, vaino cantar interpretando cancións tradicionais da nosa cultura fusionadas coa maxia Lennon e McCartney ou a paixón de Frank Sinatra para chegar a un estado de éxtase moi difícil de esquecer, como tamén o serán as gargalladas que nos vai arrincar coa súa coñecida idiosincrasia galega.