Día
Venres 27 de setembro 2024

Hora
23.00 h

Espazo
Logradouro

Entrada
5 €

Idade
A partir de 12 anos

Sobre o espectáculo

Algo máis de setenta minutos de humor de variadas pelaxes. Sen pudor e aínda menos vergonza, Evaristo Calvo mostrará as súas fobias, as súas filias e a súa descarada indiferenza polos asuntos importantes, acompañándose tanto da súa non obra poética coma pola non obra narrativa. Da  Paco’s Barber Shop á historia dun arroutado camioneiro.

Un acto cómico diverxente no que se dan a man a ciencia lingüística, o terror, a desesperanza, o desacougo poético e a angustia existencial co único propósito de botar unhas risas falando con seriedade.

O recoñecido actor e integrante do dúo cómico Mofa&Befa, Evaristo Calvo, Xograr de Outono do FIOT, chega á Rúa dos Contos embarcado nunha aventura en solitario, escrita e interpretada por el mesmo. Este show non é un monólogo, aínda que tampouco hai diálogo, xa que o fala todo el. Unha mestura de stand-up, narración oral, cabaré literario e algunha que outra parvada que seguro vos fará rir. Porque Evaristo promete que durante as súas actuacións non hai tempo para o aburrimento.