Día
Domingo 20 de outubro 2024

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
15 €

Duración
75 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Dúas parellas amigas encóntranse para cear todos os xoves desde hai máis de doce anos. Unha xa chegou ao restaurante, pero os seus amigos non. Os minutos pasan e a misteriosa demora dos amigos comeza a preocupalos. Por que chegan sempre tarde? Que rol ocupamos na vida deles dous?

Esta comedia dramática reflexiona sobre como as persoas se senten valoradas polos seus achegados, as inseguridades e percepcións que os rodean, e papel que cada un ocupa nesta sociedade.

Daniel Veronese ten unha das traxectorias máis relevantes do novo teatro arxentino, con máis de 25 premios, entre eles o Premio Nacional de Dramaturxia de Arxentina ou o Max Iberoamericano. Nesta obra dirixe a dous recoñecidos intérpretes e tamén multipremiados, Malena Alterio (último Goya á interpretación feminina) e David Lorente, que nos conducirán entre a risa e a reflexión para explorar os vínculos humanos e as súas complexidades.

Que rol ocupamos na vida de eles dous? Interésanse realmente por nós?

Ficha

Intérpretación: Malena Alterio e David Lorente
Iluminación:
Pedro Yagüe
Deseño escenografía:
Elisa Sanz
Vestiario:
TallerEs
Autoría:
Matías del Federico e Daniel Veronese
Dirección:
Daniel Veronese