Día
Sábado 12 de outubro 2024
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
180 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
Sen pretender ser un biopic de Manuel Fraga, esta é unha investigación escénica sobre unha desas figuras imprescindibles do noso pasado recente. A ritmo de comedia satírica e musical percorre os momentos máis significativos da súa existencia, explorando a relevancia do poder como motor persoal, as súas implicacións e os seus mecanismos de supervivencia.
A autora é Esther Carrodeguas, unha das voces máis interesantes da dramaturxia galega actual. Esta obra de gran formato coproducida co Centro Dramático Nacional e a MIT é froito dun longo traballo de documentación aberto á participación do público. É unha das grandes montaxes do teatro galego desta temporada e ademais está realizando unha xira por toda España.
A compañía ButacaZero aposta por un teatro comprometido que dialoga coa actualidade desde unha mirada crítica e irónica.
”Isto non é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!
ButacaZero
Ficha
Intérpretes: Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge de Arcos e Esther F. Carrodeguas
Música e espazo sonoro: Berto
Vestiario: Diego Valeiras
Espazo escénico: Xavier Castiñeira e Diego Valeiras
Iluminación: Diego Vilar
Coreografía e ax. dirección: Sabela Domínguez
Autoría: Esther F. Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeira