Día
Sábado 5 de outubro 2024
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
50 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
As mulleres que viven soas sempre foron sospeitosas. Tres mulleres son as protagonistas, as tres bruxas de Macbeth na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Xa se sabe, as bruxas, coa súa teima de liberdade e de coñecemento, asustan.
A orixe deste proxecto é unha sesión de contos de Paula Carballeira que, posteriormente, medraría cunha serie de podcast que recollen experiencias e retratos íntimos de mulleres Agora convértese nunha comedia híbrida entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo, tres das contadoras de historias máis relevantes do país, que darán voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.
O FIOT establece unha alianza con Berrobambán, unha das compañías máis consolidadas do panorama galego, para esta estrea na que se integran dous dos eixos constantes do noso festival, a narración oral e a temática feminina. A autora da obra é Paula Carballeira, Xograresa de Outono do FIOT, que recentemente sumou aos seus numerosos galardóns o Premio Nacional de Literatura Dramática.
”E, xa se sabe, as bruxas asustan.
Ficha
Interpretación: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo
Podcast: Xiana Arias
Escenografía: Montse Piñeiro
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Chiqui Pereira e Nuria Sanz