Sobre a actividade

O FIOT continúa co seu compromiso coa Escola do Espectador, un proxecto con longa traxectoria que busca formar aos espectadores, dotándolles de ferramentas para ampliar a súa comprensión e valoración dos espectáculos teatrais. Este programa, que sempre formou parte da identidade do festival, estimula o coñecemento sobre as artes escénicas e contribúe á formación de hábitos culturais.

A actividade está conducida por un profesional das artes escénicas e consiste en varias sesións baseadas nas obras programadas no festival. Na pasada edición, incluíronse sesións con tecnoloxía para alcanzar unha maior audiencia, convertendo o proxecto nun contido dixital accesible en calquera momento.

Escola do espectador nas ondas

Para enriquecer a nosa proposta educativa, o FIOT introduce a Escola do Espectador nas Ondas, que combina a formación de públicos coa utilización de novos medios dixitais. Esta liña de encontros en formato podcast, gravados en vivo en Carballo, permite que xornalistas especializados e membros dos equipos artísticos compartan os detalles dos proxectos artísticos. Estes encontros celebraranse no salón social do Pazo da Cultura durante o mes de outubro, proporcionando unha visión profunda e accesible sobre as obras do festival.

A información detallada do programa de Onda FIOT – Escola do espectador nas ondas farase público proximamente a través da páxina web www.fiot.gal e das redes sociais do festival.