Día
Martes 22 outubro 2024

Hora
Durante todo o día

Espazo
Salón de Actos do Pazo da Cultura

Entrada
Libre e de balde

Idade
Todos os públicos

Sobre a actividade

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas volve escoller o FIOT para celebrar as súas xornadas profesionais anuais, reafirmando unha vez máis a súa conexión co festival como punto de encontró fundamental para o sector das artes escénicas en Galicia. Este ano, as xornadas centraranse nun tema de vital importancia: os públicos nas artes escénicas profesionais. Xornadas Profesionais Escena Galega 2024.

Será unha xornada de reflexión e traballo onde se abordará o papel dos espectadores como parte esencial do ecosistema cultural. A análise non se limitará ao público convencional, senón que incluirá unha perspectiva ampla que contempla a creación de programacións escénicas estables e accesibles a todas as persoas, independientemente da súa condición socioeconómica, física ou do seu lugar de residencia.

Entre os temas que se discutirán destacan a atención a públicos con menos visibilidade, como os adolescentes, a importancia da accesibilidade, as estratexias de comunicación eficaces, as relacións co mundo educativo, o papel do medio rural nas artes escénicas, e as artes do movemento.

Organizada por Escena Galega en colaboración coa Deputación da Coruña, esta xornada promete ser un espazo de intercambio e aprendizaxe, onde se buscarán solucións conxuntas para facer das artes escénicas unha experiencia máis inclusiva, diversa e accesible para todos os públicos.

Colabora: Deputación da Coruña