Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e a súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes enteiro de programación, con máis dunha trintena de espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas do país.
Dende hai xa 33 anos, o FIOT amosa en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadores emerxentes. Pero, sobre todo, o festival procura atraer novos públicos ao teatro. Así, fiel á súa vocación, na súa 33ª edición, o FIOT convida aos espectadores a gozar, desde as súas butacas, e ser cómplices dos creadores cunha visión activa e crítica, comprometida e comprensiva, imaxinativa e divertida.
FIOT33: AGORA É SEMPRE
Nesta 33 edición, o Outono de Teatro proponlles unha breve viaxe, a que vai do presente á eternidade, do contemporáneo á tradición, do particular ao universal. Do agora ao sempre. Porque o Agora é Sempre.
Un traxecto que pode ser longo no percorrido temporal ou espacial, pero que en esencia é coincidente. Non cambiamos tanto, non. Só precisamos perspectiva para decatarnos de que este camiño está transitado polos mesmos conflitos atemporais e irresolubles do ser humano. Cambian os contextos, pero os temas que nos preocupan hoxe son os que o foron sempre, porque estes falan da humanidade. Porque como afirma o dramaturgo Jon Fosse na mensaxe do Día Mundial do Teatro deste ano “toda boa arte, no fondo, xira arredor do mesmo: toma o singular e específico para facelo universal.”
O rei Lear dille á súa filla Cordelia, “Nada pode xurdir da nada”, e poñendo en valor os clásicos, obras inesgotables que permiten infinitas lecturas, que conservan a fortaleza para seguir resoando de mil maneiras diferentes, seleccionamos propostas que se fixan en autores que os precederon e que nos seguen interpelando.
Moito máis alá de adaptacións ou revisións, as ricas miradas das dramaturgas e directores que presentamos, dos intérpretes e equipos que configuran o noso programa achéganse de maneira persoal e íntima (e cos propios fantasmas), aos clásicos que os constrúen, para alimentarse e dialogar con eles e coa súa esencia desde o presente máis doente, desde o hoxe; o agora.
Con diferentes narrativas contemporáneas, pasando polo teatro documento ou a autoficción, formúlanlle as preguntas axeitadas para, quizais, obter novas respostas ou imaxinar outros finais posibles.
O humano e a vulnerabilidade maniféstanse con forza, os focos sobre os protagonistas cambian e as obras falan de nós mesmos, de sentimentos, de relacións humanas e roles familiares ou de amizade; dos límites entre realidade e ficción, da memoria individual e colectiva, da identidade persoal e social, da beleza de amar e do terrible de non ser amado, de desexos insatisfeitos, ambicións e frustracións, de cal é o noso propósito ou de que personaxe somos na nosa vida.
Como sempre, moitas grazas aos que nos acompañades no mes longo de funcións e tamén no resto do ano, preguntando ilusionados polo FIOT que ha de vir. Moitas grazas a tantos colaboradores, patrocinadores, voluntarios e institucións que están sempre aí. Grazas a todos por confiar.
Agora e sempre. Agora é sempre.
O #FIOT33 en cifras
36
8
1
6
30+
7
Localizacións
Consulta no mapa os espazos que acollen este #FIOT33.
Equipo FIOT33
O FIOT é un festival organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo.
- DIRECCIÓN: Alberto Sueiro Pastoriza, presidente da A.C. Telón e Aparte.
- CONCELLEIRA DE CULTURA: Maruxa Suárez Cotelo
- DIRECCIÓN ARTÍSTICA E COORDINACIÓN: María del Carmen Castro Pombo
- ADXUNTA DIRECCIÓN ARTÍSTICA, PRODUCIÓN E FORMACIÓN DE PÚBLICOS: María José Martínez Veira
- ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN FINANCIEIRA: Yolanda Abelenda Pardiñas
- COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES PARALELAS: Xiana Márquez Antelo
- RÚA DOS CONTOS: José Antonio Rodríguez Lista e Javier Varela Golán
- AUXILIAR DE PRODUCIÓN: Yolanda Antelo Cameán
- COORDINACIÓN CERTAME MICROESCENAS: Alba Bermúdez Iglesias
- COORDINACIÓN DE VOLUNTARIADO: Nuria Cortés Bernárdez
- COMUNICACIÓN E PRENSA: The Office Comunicación
- IMAXE FIOT 33: Patricia Portela
- PROGRAMA: Gendestudio
- SERVIZO TÉCNICO: Sonpress
- DIRECTOR TÉCNICO: Antonio Porteiro
Máis de tres décadas creando teatro
O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é un lugar de encontro entre artistas, compañías e programadores, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción de novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas.
Esta implicación directa coa creación comezou en 2010 coa coprodución de Un cranio furado (A skull in Connemara), da compañía Producións Teatrais Excéntricas, continuou no 2012 con O método Gronhölm, de Talía Teatro, e no 2013 con Symon Pédícrí, de Diego Anido.
Na 25ª edición do FIOT estreouse O tolleito de Inishmann, de Contraproducións, o éxito teatral da tempada. Nestes últimos anos FIOT participou na produción de Muiñada, de Galeatro; La última cena, de Atresbandes e Reckless Sleepers; Papar sen cancelas, de Culturactiva; e Fillos do sol, de Contraproducións.
Tras un 2020 de FIOT “En pausa” debido á pandemia, e no que producimos a primeira edición do FIOT Fónico, no 2021 FIOT celebrou o seu 30º aniversario de teatro con maiúsculas e outorgando todo o protagonismo ao corazón do festival: o seu público.
Xa en 2022, co seu formato habitam recuperado, o FIOT foi pioneiro na incorporación das conversas entre compañías e xornalistas en formato podcast, coa posta en marcha da súa nova iniciativa Onda FIOT, ademais de ter a sorte de participar como co-produtores en dous espectáculos, de compañías moi especiais para nós: Pirolíticos de Mofa e Befa, dúo entrañable formado por dous dos nosos Xograres, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo, esta vez dirixidos por tres mulleres; e Wombo Combo, de Galeatro, primeira compañía de teatro profesional carballesa que volve a ofrecer en primicia o seu novo espectáculo para público familiar.
Do mesmo xeito, na 32ª edición do festival, en 2023, o FIOT coproduciu xunto á compañía Contraproducións un proxecto escénico longamente acariñado: Apaga o candil, unha reivindicación sobre a figura do Xestal e unha tenra homenaxe a un pioneiro da narración oral.
Neste 2024, o #FIOT33 alíase coa prestixiosa compañía galega Berrobambán, xunto á Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023 Paula Carballeira, para presentar a estrea absoluta da peza coproducida polo FIOT Mulleres que viven soas #MQVS.
En paralelo, o FIOT segue potenciando as relacións cos distintos colectivos do mundo teatral acollendo diversas actividades ao longo do festival, como xornadas profesionais, encontros, residencias artísticas e outras iniciativas de mediación.
Este outono, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, reunirá de novo en Galicia a algunhas das figuras máis imprescindibles da escena teatral contemporánea para celebrar a súa 33ª edición. Do 26 de setembro ao 31 de outubro, dramaturg@s e director@s tan celebrad@s como Daniel Veronese, Pablo Remón, José Troncoso, Esther Carrodeguas, os Premios Nacionais de Literatura Dramática Paula Carballeira e Alberto Conejero e Andrea Jiménez, ademais de intérpretes de renome como Javier Cámara, Malena Alterio, Israel Elejalde, Marta Nieto, Paula Quintas, Cándido Pazó ou Evaristo Calvo, e compañías sempre interesantes como Las Niñas de Cádiz, Berrobambán ou Teatro Kamikaze, entre moitas outras, participarán este ano no FIOT.
Baixo o lema ‘Agora é sempre’, a 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo achegará ao público textos de grandes clásicos como Shakespeare, Homero, Eurípides ou Chéjov, vistos desde o prisma contemporáneo, revisitando conflitos atemporais para propoñer unha singular viaxe que vai do presente á eternidade, do contemporáneo á tradición, do particular ao universal… do agora ao sempre.
Deste xeito, o FIOT regresa durante cinco semanas ás táboas, rúas e espazos non convencionais de Carballo cun programa aberto a todos os públicos, formatos e sensibilidades, que concentra 36 espectáculos, procedentes de 3 países (España, Arxentina e Cuba) e 7 comunidades autónomas españolas (Galicia, Valencia, Cataluña, Madrid, Castela e León, Andalucía e Navarra), con 8 estreas absolutas, 1 estrea en España, 6 estreas en Galicia e máis dunha trintena de actividades.
Da man do #FIOT33, este outono desfilarán por Carballo desfilarán propostas como En mitad de tanto fuego, de Alberto Conejero; a versión 1 de Vania x Vania, de Teatro Kamikaze, dirixida por Pablo Remón e protagonizada por Javier Cámara, Israel Elejalde e Marta Nieto, entre outros; Los amigos de ellos dos, con Malena Alterio e David Lorente, baixo a batuta de Daniel Veronese; IRIBARNE, de ButacaZero, escrita e interpretada por Esther Carrodeguas; Las bingueras de Eurípides, das sempre interesantes Niñas de Cádiz, con dirección de José Troncoso; Casting Lear, de Andrea Jiménez; ou o desembarco en España dun dos grandes éxitos da carteleira arxentina das últimas tempadas: El brote, da Compañía Criolla.
Entre os creadores galegos, destacan tamén nomes como os de Berrobambán e Paula Carballeira, Paula Quintás ou Cándido Pazó e Evaristo Calvo, que encherán de historias a Rúa dos Contos, entre moitas outras figuras.
UN ENCONTRO QUE NON SÓ É TEATRO
O FIOT é a cita coas artes escénicas máis prestixiosa de Galicia e un dos referentes culturais do noroeste peninsular. Cada outono reúne a máis de 10.000 persoas, durante un mes, ao redor dun programa que concentra preto de 40 espectáculos e unha trintena de actividades paralelas, da man de artistas e compañías de renome da escena española, galega e internacional. Figuras como Carmen Maura, Blanca Portillo, Carmen Machi, Martiño Rivas ou Xosé A. Touriñán; ademais de formacións de referencia como Els Joglar, Yllana, Kamikaze Producións, Chévere ou Voadora, entre outras moitas, desfilaron polas táboas do FIOT nas súas máis de tres décadas de historia.
O compromiso social, a aposta polas voces singulares e únicas, a calidade, a autenticidade e a apertura a xéneros e linguaxes diversas (teatro de texto, performance, teatro xestual e de obxectos, autoficción, circo, teatro documento…) seguen a conformar a identidade do FIOT nesta 33ª edición.
Coa vontade de achegar a Carballo as mellores propostas do circuíto escénico actual a nivel galego, nacional e internacional, o programa do festival contará, de novo, coas liñas habituais que conforman cada ano o seu cartel: ademais do programa de sala, no FIOT alternaranse outras interesantes seccións de programación, que apostan polos xéneros, os formatos e os públicos máis diversos.
Deste modo, un ano máis, haberá narración oral na Rúa dos Contos, teatro experimental e novos creadores no OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado); circo, teatro de rúa ou teatro físico en Teatro de Rúa; obras curtas de pequeno formato en espazos non convencionais no Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, temáticas orientadas ás inquietudes adolescentes no FIOTeen, etc.
Fiel á súa vontade de ser, de novo, “o corazón do teatro en Galicia”, en paralelo á programación escénica, o FIOT desenvolve unha intensa actividade con entrevistas en formato podcast, residencias artísticas, encontros profesionais, colaboracións con outros proxectos escénicos, exposicións o o premio Xograr de Outono, este ano outorgado a Avelino González.
PREME NOS CARTEIS HISTÓRICOS DO FIOT PARA CONSULTAR O PROGRAMA DE CADA UNHA DAS SÚAS EDICIÓNS
Compañías participantes
Ao longo das súas 33 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, dando así cabida a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos, ademais de ofrecer estreas de espectáculos absolutos ou no país.
Preto de 350 compañías presentaron os seus traballos no FIOT, das cales máis de 150 fixeron o propio na Rúa dos Contos, o ciclo de narración oral, pioneiro en Galicia, que este 2024 celebra a súa 24ª edición.
Unha mostra das importantes compañías españolas e galegas que participaron na programación é a seguinte:
- Producciones Teatrales Contemporáneas (Madrid)
- Teatro de la Abadía (Madrid)
- Els Joglars (Cataluña)
- Producciones Cristina Rota
- Teatro Español (Madrid)
- Titzina Teatro (Cataluña)
- Animalario Teatro (Madrid)
- Histrión Teatro (Andalucía)
- Kamikaze Producciones (Madrid)
- Teatro Meridional (Madrid)
- Pentación espectáculos (Madrid)
- Ron Lalá (Madrid)
- Atalaya Producciones (Andalucía)
- Ur Teatro (País Vasco)
- Rafael Álvarez “El Brujo” (Andalucía)
- Yllana (Madrid)
- Teatro Corsario (Castela-León)
- Quéquíspás (Madrid)
- TanttakaTeatroa (País Vasco)
- La Pavana Companyia Teatral (Valencia)
- Cuarta Pared (Madrid)
- Zascandil Teatro (Madrid)
- Toni Albá (Barcelona)
- Azar Teatro (Castela-León)
- Teatro de Malta (Castela-A Mancha)
- Teatro del Temple (Aragón)
- Suripanta Teatro (Extremadura)
- Zanguango teatro (País Vasco)
- Teatro del Noctámbulo (Extremadura)
- Ángel Ruíz e Mariano Martín (Madrid)
- Noba Produccioens (Aragón)
- Cachivache (Madrid)
- Carles Flaviá (Cataluña)
- Al Suroeste teatro (Castela–A Mancha)
- Lavi e Bel (Andalucía)
- Cambaleo Teatro (Madrid)
- L’Om Imprebís (Valencia)
- Ados Teatroa (País Vasco)
- Sexpeare (Madrid)
- En Blanc (Mallorca)
- Arrieritos (Madrid)
- Riki López (Mallorca)
- La Compañía de Miguel Narros (Madrid)
- Mr. Kubik Produciones (Madrid)
- Jácara Teatro (Valencia)
- Metamorfosis (Madrid)
- El Óbolo Producciones (Madrid)
- MacarenaRecuerda (Cataluña)
- Juanjo Seoane Producciones (Madrid)
- Enfila’t (Cataluña)
- Diego Anido (Cataluña)
- La Machina Teatro (Cantabria)
- La Cocina (País Vasco)
- Colectivo 96º(Cataluña)
- Kulunka Teatro (País Vasco)
- Prisamata (Cataluña)
- Obskené (Cataluña)
- Las Grotesqués (Andalucía)
- Setze Fetges Associats (Cataluña)
- Grumelot (Madrid)
- Panicmap (Valencia)
- Vaivén Circo (Andalucía)
- Cirk abaut it (Castela e León)
- Compañía Manolo Álcántara (Cataluña)
- Chirigóticas (Andalucía)
- Draft.Inn (Madrid)
- Kendosan Producciones (Madrid)
- Paula Quintana (Canarias)
- Vaiven Circo (Andalucía)
- Pez Limbo (País Vasco)
- Atresbandes (Cataluña)
- La Casa de la Portera (Madrid)
- Teatro de la Ciudad (Madrid)
- Feelgood Teatro (Madrid)
- El Pont Flotant (Valencia)
- Farrés Brothers i Cía (Cataluña)
- Metatarso Producciones (Madrid)
- La Teta Calva Producciones (Valencia)
- Laitrum Teatre (Cataluña)
- Los números imaginarios (Madrid)
- La Trócola Circ (C. Valenciana)
- La Tristura (Madrid)
- La Joven Compañía (Madrid)
- Cair Circo (País Vasco)
- Serena Producciones (Madrid)
- Íntims Produccions (Cataluña)
- La_Abducción (Madrid)
- Buxman Producciones (Madrid)
- El Pavón Teatro Kamikaze (Madrid)
- Maintomano (Castela e León)
- LaZona (Madrid)
- Producciones Rokamboleskas (Madrid)
- El sol de York (Madrid)
- Ay teatro (Madrid)
- Focus Producciones (Cataluña)
- Flyhard Produccions (Cataluña)
- Jean Philippe Kikolas (Castela e León)
- Vol’temps (Andalucía)
- El Patio Teatro (La Rioja)
- Ventrículo Veloz
- Check-in Producciones (Madrid)
- Nueve de Nueve Teatro (Madrid)
- Chévere (Galicia)
- Voadora (Galicia)
- Contraproducións (Galicia)
- Sarabela Teatro (Galicia)
- Talía teatro (Galicia)
- Producións Teatrais Excéntricas (Galicia)
- Teatro do Atlántico (Galicia)
- Teatro do Morcego (Galicia)
- Teatro do Aquí (Galicia)
- Teatro do Noroeste (Galicia)
- Ollomoltranvía (Galicia)
- Teatro de Ningures (Galicia)
- Lagarta, lagarta (Galicia)
- Centro Dramático Galego (Galicia)
- Lusco e Fusco (Galicia)
- Desastronauts (Galicia-Reino Unido)
- Eme2 (Galicia)
- Cándido Pazó (Galicia)
- Triatreros (Galicia)
- Cinema Sticado (Galicia)
- Ilmaquinario (Galicia)
- Borja Fernández (Galicia)
- Undodez Producións (Galicia)
- Emma Santos (Galicia)
- Amorodos Producións (Galicia)
- Galeatro (Galicia)
- Rebordelos (Galicia)
- Funboa Escénica (Galicia)
- A vela circo (Galicia)
- SU.MA (Galicia)
- Berrobambán (Galicia)
- Onírica Mecánica (Murcia)
- La gata japonesa (Madrid)
Entre as compañías internacionais destacan:
- La Tropa (Chile)
- Galiano 108 (Cuba)
- Leo Bassi (Italia)
- Elliot (Bélxica)
- Teatro de los Andes (Bolivia)
- Compañía do Chapitô (Portugal)
- El Galpón (Uruguai)
- Malayerba (Ecuador)
- Immo (Francia)
- Shakespeare Women Company (Lisboa)
- Avner The Excentric (EEUU)
- Los Modernos (Arxentina)
- El viaje inmóvil (Chile)
- Teatro delle Ariette (Italia)
- Compañía Joâo García Miguel (Lisboa)
- Visôes Útiles (Portugal)
- Joseph Collard (Bélxica)
- Teatro Timbre 4 (Arxentina)
- Teatro de Marionetas de Porto (Portugal)
- Grupo Actoral 80 (Venezuela)
- La Mona Ilustre (Chile)
- Gabriel Chamé (Arxentina)
- Paolo Nani (Dinamarca)
- Okidok (Bélxica)
- Reckless Sleepers (Reino Unido)
- Godot (Portugal)
- Sutottos (Arxentina)
- Compagnia Baccalá (Suiza)
- Manoliño Nguema (Guinea Ecuatorial)
- Theatre National de Bruxelles (Bélxica)
- Kulu Orr (Israel)
Na Rúa dos Contos atopamos todos os nomes relevantes neste xénero no que somos pioneiros (despois de 24 edicións) e moitos dos artistas que iniciaron o seu traballo neste ciclo e que hoxe forman parte indubidable do mesmo:
- Quico Cadaval
- Cándido Pazó
- Mofa e Befa
- David Amor
- Carlos Blanco
- Paula Carballeira
- Suso Cortegoso
- Celso Sanmartín
- Xosé Touriñán
- Carlos Santiago – Los Modernos
- Evaristo Calvo
- Patricia Vázquez
- Víctor Mosqueira
- Os dous de sempre
- Pepo Suevos
- Isabel Risco
- Tonhito de Poi
- Avelino González
- César Cambeiro
- Os Magníficos
- Antón Coucheiro
- Luís Zahera
- Marta Lado
- Yoni Mediogramo
- Isi, Rober Bodegas
- Campanari
- Carmen Conde
- Santi Prego
- María da Pontragha
- Illanes
- Aldaolado
- Ricardo Barreiro
- Manuel Manquiña
- Manuel de Eva
- Oswaldo Digón
- Federico Pérez
- Matías Tárraga
- Sergio Pazos
- Daboapipa
- Félix Albo
- Juancállate
- Sara Escudero
- Guti
- David Perdomo
- Pepe Capelán
- Marcos Pereiro
- Alberte Montes
- Lois Pérez
- Os regueifeiros de Xornes
- Víctor Grande
- Pedro Brandariz
- Xurxo Souto
- Tito Tober
- Luis Piedrahita
- Caxoto
- Danny Boi Rivera
- Estephanie Llaryora
…A Rúa dos Contos foi e é un espazo onde presentar, e mesmo “probar” as súas propostas.
A evolución deste ciclo que ten lugar principalmente en locais de hostalería da cidade, desde pubs, tascas ou cafeterías a restaurantes, impulsou a incorporación doutras propostas escénicas como o cabaret, maxia, circo, a improvisación teatral, o teatro musical ou de variedades ou outros espectáculos novidosos de pequeno formato, sempre cun carácter distendido, humorístico e “gamberro” que diversificaron este ciclo. Tamén neste caso a Rúa dos Contos é un ámbito para acoller estreas ou preestreas. Nestes anos pasaron polos múltiples locais que se implican cada ano nomes como:
- Redrum Produccións
- Bucanero
- Os da ría
- Mentalini
- Triatreros
- Alféizar
- Martín Camiña
- Ruso Negro
- Pajarito
- Davide Salvado & Pepa Yáñez
- Fabulosos Cubatas de Fockin Brothers
- Isla La Triska
- Palito
- Blanca Cendán
- Leo i Arremecaghona
- Fran Rei
- Obras Públicas
- Femme Fatal
- Amargo Sueco
- Fantoches Baj
- Pablo Trasno
- …as 3
- Os Lupe Blanco
- Lili Berlin
- Peter Punk
- Nono
- Cayetano Lledó
- Chévere
- Talía Teatro
- Mago Teto
- Bacana
- Tanxarina Títeres
- Nelson Quinteiro
- Chanson Mormón
- Boneca Lareta
- IGMIG
- Os Revenidos
- Limiar Teatro
- Píscore
- Mago Álex
- Carta de ajuste
- Os fillos do Extramonio
- Monoulious Dop
- Antón Coucheiro
- Las Antonias
- Blues do País
- Mj Pérez
- Patty Difusa
- 3 Patas
- Fabiolo
- Ricky López
- Pez en Raya – Joan Estrader
- Rodrigo Cuevas
- Bieito Lobariñas
- Alba Grande
- The Tetas Van
- Brais das Hortas
- Izquierdo Sisters
- Ángela Triana
- Arantxa Treus
Recoñecementos
Premios ao compromiso do FIOT coas artes escénicas
Ao longo da nosa traxectoria, diversos recoñecementos acreditan o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade.