Día
Sábado 10 de outubro 2026

Hora
10.00 a 13.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Capacidade
Prazas limitadas

Público
Maiores de 14 anos

As recoñecidas teatreiras Areta Bolado e Ailén Kendelman, ex-integrantes de A Panadaría, ofrécennos a oportunidade de participar no proceso de creación que inaugura a súa nova compañía Torta Torta, Manchas de sangue, coproducida polo Centro Dramático Nacional e que estrearán en xaneiro.

Desde o humor acedo e reivindicativo que as caracteriza como creadoras, fan unha viaxe polo tempo e os derramamentos de sangue, desde os mitos e tabús sobre a menstruación ata os horrores da guerra.

Os participantes explorarán o humor como ferramenta para o pensamento crítico, a improvisación ou o xogo coas convencións teatrais. Unha oportunidade para divertirse e coñecer como se fai unha obra de teatro.

Con: Areta Bolado e Ailén Kendelman, de Torta Torta

Inscrición previa: recoméndase en fiot.carballo@gmail.com