Temos un compromiso coa sustentabilidade, un reto que nos marcamos hai uns anos e no que queremos avanzar edición a edición. O FIOT é algo máis que un evento e reivindicamos a potencialidade do noso festival como xerador de redes e vínculos coa comunidade, como promotor do desenvolvemento das persoas e do territorio. De Carballo, como o máis próximo, e do ecosistema das artes escénicas galegas, no que tamén pretendemos desempeñar un papel dinamizador. Tamén na promoción da igualdade ou na sustentabilidade do proxecto.

Pola súa incidencia nestes valores acordes coa Axenda 2030 e cos dereitos culturais, a selección do lema de cada edición ou as temáticas de interese social e cultural que abordan moitas das obras, son mostra do noso compromiso.

Unha medida de grande interese para nós é a promoción da accesibilidade e inclusión a través da expansión por múltiples espazos as actividades para chegar aos colectivos máis diversos, así como a incorporación dun servizo de interpretación en linguaxe de signos nalgúns espectáculos de pequeno formato, normalizando a presenza de diferentes colectivos nas salas.

Ademais de localidades adaptadas para discapacidade físicas, ofertaranse butacas ubicadas para facilitar a audición e/ou visión reservadas para persoas con algunha dificultade auditiva ou sonora.

Información sobre espectáculos adaptados en redes sociais e nas fichas de espectáculos desta mesma páxina web.

Intérprete de signos Interpretación en lingua de signos.