O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos de máis prestixio do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo.

Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e a súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes enteiro de programación, con máis de 30 espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas do país.

Dende hai xa 30 anos, o FIOT amosa en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadores emerxentes. Pero, sobre todo, o festival procura atraer novos públicos ao teatro. Así, fiel á súa vocación, na súa 30ª edición, o FIOT convida aos espectadores a regresar as súas butacas e ser cómplices dos creadores cunha visión activa e crítica, comprometida e comprensiva, imaxinativa e divertida.

O 30º aniversario do FIOT

30 anos! Os primeiros 30 anos… 2021 é unha edición para a celebración, para o encontro, para o gozo. É un aniversario sinalado e xa temos demostrado que ao FIOT agrádalle aproveitar as ocasións para festexar. Miramos atrás e asombrámonos do camiño percorrido, dos problemas superados, dos logros, das sorpresas recibidas, das novas experiencias, da ilusión compartida e da complicidade sentida, do rebulir na búsqueda de novos horizontes, da forte e delicada urdime tecida, do pequeno milagre dun proxecto desde unha pequena vila que se converte nun referente para as artes escénicas galegas, que transcende o cultural e proxecta Carballo cara o exterior. Un festival con identidade propia e palpitante.

A imaxe que escollemos para esta 30ª edición sitúa ao público, aos espectadores, aos carballeses, como actores protagonistas deste traxecto que nos contempla. Tamén á propia cidade, que convertemos en escenario e escenografía do FIOT cada ano. Desde os camerinos da vida, míranse-mírannos, alentan ao festival dispostos a subir á escena. Son parte activa e participativa do proxecto, e o seu acompañamento e fidelidade é un regalo cada ano. O corazón do FIOT é o seu público e queremos renderlle homenaxe e que escoiten o seu merecido aplauso.

A conmemoración trasládase ao programa coa participación de compañías que os fioteiras e fioteiros vimos medrar con nós e, mesmo, recompensamos co Premio do Público. Amigos e amigas para os e as que tamén somos parte da súa historia, e que volven con afecto cando os convidamos. Son compañías, directores e directoras, creadores e creadoras de marcada personalidade, que constrúen linguaxes propias e que, como di o director e dramaturgo Peter Brook, teñen a inquedanza de buscar o xeito de ir máis aló da súa propia lectura da realidade.

Todos somos conscientes de que este ano temos máis motivos para celebrar. Tras o FIOT “En pausa” do ano pasado obrigado pola dura realidade que vivimos, volvemos! Aínda hai que afrontar moitas dificultades e incertezas, pero seguimos adiante cos folgos e o pulo de sempre, para reencontrarnos, reflexionar e emocionarnos. Mantemos os nosos compromisos co teatro, en especial coa escena galega, que segue a loitar coas graves repercusións desta crise, e recuperamos funcións que tiveramos que pospoñer. Tamén regresan os clásicos eixos que estruturan o FIOT: o programa de Sala, o Otni, a Rúa dos Contos, o M2, o Teatro de Rúa, e mesmo aproveitamos as novas esixencias para que naza algún, como o FIOT En ruta, así como retomamos tamén a diversidade de actividades “En Paralelo”. 39 espectáculos, 11 estreas absolutas, 3 estreas en Galicia, unha produción propia, diversas colaboracións… Numerosas oportunidades para celebrar atoparnos de novo.

Necesariamente, temos que adaptarnos ás condicións que require a prevención e garanten unha #culturasegura, e a oferta axústase diversificando espazos e canais e coas inevitables reducións de capacidade.

A pandemia puxo de manifesto non só a nosa fraxilidade física, senón a dos sistemas sociais e económicos e, sobre todo, a do planeta. Confróntanos co futuro do medio ambiente e, en consecuencia, co dos seres humanos. A reflexión sobre como seguir vivindo e como construír o futuro está presente nos espectáculos que propoñemos. Esta é a clave que escollemos para construír o relato do FIOT 2021 e coa que, como é habitual en todas as edicións, subliñamos o noso compromiso coas inquedanzas sociais e tamén a relevancia das artes escénicas, da cultura, para a superación de catástrofes como a actual.

O medio ambiente, as condutas persoais e insolidarias co noso ecosistema ou coa sociedade, o sistema social que nos avoca a ceder ante a realidade, a soidade, a incomprensión ou necesidade de entendemento, problemáticas como a visibilización da muller ou a violencia de xénero (coa que fixemos un compromiso de futuro hai anos), a distancia entre a persoa e os seus soños, o valor da festa e do baile como ruptura do cotián, a forza da risa para superar as cousas da vida que nos pesan, os límites do humor, a présa por escapar da normalidade imposta ou o teatro como inesgotable xerador de imaxinación e o seu poder transformador, que ensancha a nosa realidade.

O humor, a comedia como xerador de discurso será a principal vía para abordar esta temática tan transcendente. Por suposto, en compañía e, moitas veces, en mestizaxe, con outros xéneros e disciplinas, porque tamén temos drama social, teatro clásico, musical, circo, teatro físico, xestual, teatro de obxectos, baile, teatro sonoro, un espectáculo instalación… Estamos necesitados de risa e o FIOT está de celebración, e queremos que se note!

Ademais da reflexión, a cultura e as artes escénicas reaccionaron a esta crise cunha explosión de linguaxes e formatos e un uso innovador da cultura dixital. Desde os nosos ciclos máis experimentais, o OTNI e o Certame de Micro-escenas M2, exploramos este ámbito que emprega a tecnoloxía como un recurso máis para a creación e a posta en escena. Despois da grata experiencia do ano pasado, o festival realiza unha nova contribución a través do FIOT Fónico con O espello que arde. Temos moitas ganas. Conectemos de novo, celebremos! Que o corazón do teatro de Galicia palpite!

Tres décadas creando teatro

O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é un lugar de encontro entre artistas, compañías e programadores, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción de novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas.

Esta implicación directa coa creación comezou en 2010 coa coprodución de Un cranio furado (A skull in Connemara), da compañía Producións Teatrais Excéntricas, continuou no 2012 con O método Gronhölm, de Talía Teatro, e no 2013 con Symon Pédícrí, de Diego Anido.

Na 25ª edición do FIOT estreouse O tolleito de Inishmann, de Contraproducións, o éxito teatral da tempada. Nestes últimos anos FIOT participou na produción de Muiñada, de Galeatro; La última cena, de Atresbandes e Reckless Sleepers; Papar sen cancelas, de Culturactiva; e Fillos do sol, de Contraproducións.

En 2019 estrearonse as coproducións Medida X Medida, con Producións Teatrais Excéntricas, e O electo, realizada con Contraproducións e Focus. A estas estreas absolutas, sumouse a colaboración cunha produtora madrileña, El Sol de York, que estreou en Carballo a obra Chicas y chicos.

Tras un 2020 de FIOT “En pausa” debido á pandemia, e no que producimos o FIOT Fónico, este 2021 o FIOT regresa con ganas de celebrar o teatro con maiúsculas.

Compañías participantes

Ao longo das súas 30 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, dando así cabida a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos, ademais de ofrecer estreas de espectáculos absolutos ou no país.

Perto de 300 compañías presentaron os seus traballos no FIOT, das cales preto de 150 fixeron o propio na Rúa dos Contos, o ciclo de narración oral, pioneiro en Galicia, que este 2021 celebra a súa 22ª edición.

Unha mostra das importantes compañías españolas e galegas que participaron na programación é a seguinte:

  • Producciones Teatrales Contemporáneas (Madrid)
  • Teatro de la Abadía (Madrid)
  • Els Joglars (Cataluña)
  • Producciones Cristina Rota
  • Teatro Español (Madrid)
  • Titzina Teatro (Cataluña)
  • Animalario Teatro (Madrid)
  • Histrión Teatro (Andalucía)
  • Kamikaze Producciones (Madrid)
  • Teatro Meridional (Madrid)
  • Pentación espectáculos (Madrid)
  • Ron Lalá (Madrid)
  • Atalaya Producciones (Andalucía)
  • Ur Teatro (País Vasco)
  • Rafael Álvarez “El Brujo” (Andalucía)
  • Yllana (Madrid)
  • Teatro Corsario (Castela-León)
  • Quéquíspás (Madrid)
  • TanttakaTeatroa (País Vasco)
  • La Pavana Companyia Teatral (Valencia)
  • Cuarta Pared (Madrid)
  • Zascandil Teatro (Madrid)
  • Toni Albá (Barcelona)
  • Azar Teatro (Castela-León)
  • Cipi Rait (Cataluña)
  • Teatro de Malt (Castela-A Mancha)
  • Teatro del Temple (Aragón)
  • Suripanta Teatro (Extremadura)
  • Zanguango teatro (País Vasco)
  • Teatro del Noctámbulo (Extremadura)
  • Ángel Ruíz e Mariano Martín (Madrid)
  • Noba Produccioens (Aragón)
  • Cachivache (Madrid)
  • Carles Flaviá (Cataluña)
  • Al Suroeste teatro (Castela–A Mancha)
  • Lavi e Bel (Andalucía)
  • Cambaleo Teatro (Madrid)
  • L’Om Imprebís (Valencia)
  • Ados Teatroa (País Vasco)
  • Sexpeare (Madrid)
  • En Blanc (Mallorca)
  • Arrieritos (Madrid)
  • Riki López (Mallorca)
  • La Compañía de Miguel Narros (Madrid)
  • Mr. Kubik Produciones (Madrid)
  • Jácara Teatro (Valencia)
  • Metamorfosis (Madrid)
  • El Óbolo Producciones (Madrid)
  • MacarenaRecuerda (Cataluña)
  • Juanjo Seoane Producciones (Madrid)
  • Enfila’t (Cataluña)
  • Diego Anido (Cataluña)
  • La Machina Teatro (Cantabria)
  • La Cocina (País Vasco)
  • Colectivo 96º(Cataluña)
  • Kulunka Teatro (País Vasco)
  • Prisamata (Cataluña)
  • Obskené (Cataluña)
  • Las Grotesqués (Andalucía)
  • Setze Fetges Associats (Cataluña)
  • Grumelot (Madrid)
  • Panicmap (Valencia)
  • Vaivén Circo (Andalucía)
  • Cirk abaut it (Castela e León)
  • Compañía Manolo Álcántara (Cataluña)
  • Chirigóticas (Andalucía)
  • Draft.Inn (Madrid)
  • Kendosan Producciones (Madrid)
  • Paula Quintana (Canarias)
  • Vaiven Circo (Andalucía)
  • Pez Limbo (País Vasco)
  • Atresbandes (Cataluña)
  • La Casa de la Portera (Madrid)
  • Teatro de la Ciudad (Madrid)
  • Feelgood Teatro (Madrid)
  • El Pont Flotant (Valencia)
  • Farrés Brothers i Cía (Cataluña)
  • Metatarso Producciones (Madrid)
  • La Teta Calva Producciones (Valencia)
  • Laitrum Teatre (Cataluña)
  • Los números imaginarios (Madrid)
  • La Trócola Circ (C. Valenciana)
  • La Tristura (Madrid)
  • La Joven Compañía (Madrid)
  • Cair Circo (País Vasco)
  • Serena Producciones (Madrid)
  • Íntims Produccions (Cataluña)
  • La_Abducción (Madrid)
  • Buxman Producciones (Madrid)
  • El Pavón Teatro Kamikaze (Madrid)
  • Maintomano (Castela e León)
  • LaZona (Madrid)
  • Producciones Rokamboleskas (Madrid)
  • El sol de York (Madrid)
  • Ay teatro (Madrid)
  • Focus Producciones (Cataluña)
  • Flyhard Produccions (Cataluña)
  • Jean Philippe Kikolas (Castela e León)
  • Vol’temps (Andalucía)
  • El Patio Teatro (La Rioja)
  • Ventrículo Veloz
  • Check-in Producciones (Madrid)
  • Nueve de Nueve Teatro (Madrid)
  • Chévere (Galicia)
  • Voadora (Galicia)
  • Contraproducións (Galicia)
  • Sarabela Teatro (Galicia)
  • Talía teatro (Galicia)

Entre as compañías internacionais destacan:

  • La Tropa (Chile)
  • Galiano 108 (Cuba)
  • Leo Bassi (Italia)
  • Elliot (Bélxica)
  • Teatro de los Andes (Bolivia)
  • Compañía do Chapitô (Portugal)
  • El Galpón (Uruguai)
  • Malayerba (Ecuador)
  • Immo (Francia)
  • Shakespeare Women Company (Lisboa)
  • Avner The Excentric (EEUU)
  • Los Modernos (Arxentina)
  • El viaje inmóvil (Chile)
  • Teatro delle Ariette (Italia)
  • Compañía Joâo García Miguel (Lisboa)
  • Visôes Útiles (Portugal)
  • Joseph Collard (Bélxica)
  • Teatro Timbre 4 (Arxentina)
  • Teatro de Marionetas de Porto (Portugal)
  • Grupo Actoral 80 (Venezuela)
  • La Mona Ilustre (Chile)
  • Gabriel Chamé (Arxentina)
  • Paolo Nani (Dinamarca)
  • Okidok (Bélxica)
  • Reckless Sleepers (Reino Unido)
  • Godot (Portugal)
  • Sutottos (Arxentina)
  • Compagnia Baccalá (Suiza)
  • Manoliño Nguema (Guinea Ecuatorial)
  • Theatre National de Bruxelles (Bélxica)
  • Kulu Orr (Israel)

Na Rúa dos Contos atopamos todos os nomes relevantes neste xénero no que somos pioneiros (despois de 22 edicións) e moitos dos artistas que iniciaron o seu traballo neste ciclo e que hoxe forman parte indubidable do mesmo:

  • Quico Cadaval
  • Cándido Pazó
  • Mofa e Befa
  • David Amor
  • Carlos Blanco
  • Paula Carballeira
  • Suso Cortegoso
  • Celso Sanmartín
  • Xosé Touriñán
  • Carlos Los Modernos (Arxentina)
  • Evaristo Calvo
  • Patricia Vázquez
  • Víctor Mosqueira
  • Os dous de sempre
  • Pepo Suevos
  • Isabel Risco
  • Tonhito de Poi
  • Avelino González
  • César Cambeiro
  • Os Magníficos
  • Antón Coucheiro
  • Luís Zahera
  • Marta Lado
  • Yoni Mediogramo
  • Isi, Rober Bodegas
  • Campanari
  • Carmen Conde
  • Santi Prego
  • María da Pontragha
  • Illanes
  • Aldaolado
  • Ricardo Barreiro
  • Manuel Manquiña
  • Manuel de Eva
  • Oswaldo Digón
  • Federico Pérez
  • Matías Tárraga
  • Sergio Pazos
  • Daboapipa
  • Félix Albo
  • Juancállate
  • Sara Escudero
  • Guti
  • David Perdomo
  • Pepe Capelán
  • Marcos Pereiro
  • Alberte Montes
  • Lois Pérez
  • Daboapipa
  • Os regueifeiros de Xornes
  • Víctor Grande
  • Pedro Brandariz
  • Lupe Blanco
  • Xurxo Souto
  • Tito Tober
  • Luis Piedrahita
  • Paula Carballeira
  • Caxoto

…A Rúa dos Contos foi e é un espazo onde presentar, e mesmo “probar” as súas propostas.

A evolución deste ciclo que ten lugar principalmente en locais de hostalería da cidade, desde pubs, tascas ou cafeterías a restaurantes, impulsou a incorporación doutras propostas escénicas como o cabaret, maxia, circo, a improvisación teatral, o teatro musical ou de variedades ou outros espectáculos novidosos de pequeno formato, sempre cun carácter distendido, humorístico e “gamberro” que diversificaron este ciclo. Tamén neste caso a Rúa dos Contos é un ámbito para acoller estreas ou preestreas. Nestes anos pasaron polos múltiples locais que se implican cada ano nomes como:

  • Redrum Produccións
  • Bucanero
  • Os da ría
  • Mentalini
  • Triatreros
  • Alféizar
  • Martín Camiña
  • Ruso Negro
  • Pajarito
  • Davide Salvado & Pepa Yáñez
  • Fabulosos Cubatas de Fockin Brothers
  • Isla La Triska
  • Palito
  • Blanca Cendán
  • Leo i Arremecaghona
  • Fran Rei
  • Obras Públicas
  • Femme Fatal
  • Amargo Sueco
  • Fantoches Baj
  • Pablo Trasno
  • Danny Boi-Rivera
  • …as 3
  • Os Lupe Blanco
  • Lili Berlin
  • Peter Punk
  • Nono
  • Cayetano Lledó
  • Chévere
  • Talía Teatro
  • Mago Teto
  • Bacana
  • Tanxarina Títeres
  • Nelson Quinteiro
  • Estephanie Llaryora
  • Chanson Mormón
  • Boneca Lareta
  • IGMIG
  • Os Revenidos
  • Limiar Teatro
  • Píscore
  • Mago Álex
  • Carta de ajuste
  • Os fillos do Extramonio
  • Monoulious Dop
  • Antón Coucheiro
  • Las Antonias
  • Blues do País
  • Mj Pérez Patty Difusa
  • 3 Patas
  • Fabiolo
  • Ricky López
  • Pez en Raya
  • Rodrigo Cuevas
Recoñecementos

Premios ao compromiso do FIOT coas artes escénicas

Ao longo da nosa traxectoria, diversos recoñecementos acreditan o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade.

Premio da Cultura Galega 2018 no ámbito das artes escénicas

Galardón outorgado pola Xunta de Galicia que distingue a excelencia no traballo e na proxección da construción cultural de Galicia. O premio recoñece ao FIOT como un dos festivais máis importantes do territorio e como “referente na difusión e visualización das artes escénicas”.

Premio Galego do Ano 2018

Concedido polo Padroado Fogar de Bergantiños e outorgado polas entidades sociais, deportivas e culturais da comarca de Bergantiños, o que supón o recoñecemento da contorna máis próxima.

Recoñecemento como boa práctica para a xestión cultural

Certificado pola Deputación da Coruña coa colaboración da Asociación Galega de Xestión Cultural (AGXC).
Voluntariado

O FIOT conta desde hai unha ducia de anos cun programa de voluntariado que implica a numerosas persoas amantes das artes escénicas no desenvolvemento do certame. Se queres formar parte da gran familia do FIOT, lembra que aínda estás a tempo de unirte ao noso equipo para lograr que o festival sexa mellor cada edición!

Se queres coñecer por dentro un dos festivais de referencia en Galicia e compartir o teu gusto polo teatro, escribe a info@fiot.gal ou chama ao 981 704 300. Agardámoste!