Ás veces, para avanzar, é necesario facer unha parada. Este 2020 non se celebrará unha nova edición FIOT, pero durante esta pausa propoñémosvos unha programación para gozar do teatro no corazón das artes escénicas en Galicia: Carballo.

Espectáculos
Ficción sonora
FIOT Fónico
As rúas de Carballo convértense no escenario do FIOT Fónico. Percorre a localidade a través da función sonora A lúa, válvula de spray. Quico Cadaval dirixe unha dramaturxia de Rosalía Fernández Rial na que participan Melania Cruz, María Roja e Santi Romay.

Micro-Escenas M2
IV Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado (M2). Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Exposición
Pandemia. Novos retos
Desde o FIOT impulsamos un proxecto de artes plásticas da man de creadores locais para coñecer a visión que este colectivo ten sobre o momento que estamos a vivir e a necesidade da cultura para superalo. A mostra pódese visitar no Pazo da Cultura e inclúe obras de Cristina Castro, Esther Chamoso, Milagros Cotelo, Antón Díaz, Manuel Eirín, Isa Fernández, Josecho González, Raúl Herrera, Peter Kramer, Mon Lendoiro, María Marticorena, O’Mighelo, Oti, Santi Picos, Isabel Soutullo, Pedro Tasende e Laura Tova.


Entradas
A limitación da capacidade dos recintos culturais por prevención da covid-19 supoñen unha redución no número de entradas dispoñibles do FIOT en pausa. A partir do luns 5 podes tanto reservar a túa praza para as pezas de acceso gratuíto como mercar as entradas para os espectáculos de pago.