Día
Domingo 26 setembro 2021

Hora
18.00 h

Espazo
Rúa Jacinto Amigo

Entrada
Gratuíta, ata completar capacidade.

Duración
50 minutos

Idade
Familiar

Sobre o espectáculo

Moito ollo! Este espectáculo está en obras. Si, está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cunha loop station, unha batería cun capacho e un caldeiro, un charango, ferramentas… e o máis importante de todo: a axuda do inestimable público. Así que, malo será que entre todos non acabemos esta Zona en obras chea de música e ritmo con historias de osos tristes, extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar e cans de palleiro que se converten en superstars.

Cunha posta en escena divertida e participativa, a nova tolería de Brais das Hortas combina á perfección música, narración, clown e monicreques para entreter e facer pensar e soñar a toda a familia. Seguro que somos quen de acabar o espectáculo con música e ritmo, non si?

Ficha

Creación e interpretación: Brais das Hortas