A
Proposta moi especial para vivir o teatro doutro xeito. As voces de nenos/as e mozas/os levarán o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das redes sociais e as ondas radiofónicas. Co apoio dos centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca e coa finalidade de promover o teatro entre a rapazada para favorecer o seu achegamento a través da lectura dramatizada, que xa vai pola XXI edición. E en consonancia cos novos tempos, mediante a gravación dun arquivo de vídeo da súa lectura, poderase visualizar a participación de todos os grupos a través das redes sociais do Festival.
Un xurado realizará unha selección dos traballos que gozarán da experiencia radiofónica nos estudios profesionais de Radio Voz Bergantiños. De dita gravación sairán os finalistas, que volverán a representar a súa obra nunha gala final onde o xurado fallará os premios patrocinados por Librería Brañas Verdes.
Consulta aquí as Bases e solicitude