Sobre a actividade

Desde hai 20 anos as voces máis novas de Bergantiños levan o teatro aos fogares de todos os recunchos da comarca a través das ondas radiofónicas. Este ano, por mor da COVID-19, o concurso celebrarase co envío de vídeos e os grupos finalistas gravarán a súa lectura dramatizada en estudios profesionais de radio.

A entrega de premios do XX Concurso Escola de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís terá lugar o domingo 14 de novembro de 2021 no Pazo da Cultura de Carballo, nunha xornada na que Fran Rei actuará como mestre de cerimonias.