Día
Xoves 14 de outubro 2021

Hora
09.30 a 18.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Previa reserva

Idade
Todos os públicos

Sobre a actividade

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas recupera no FIOT as súas xornadas profesionais anuais. O festival acolle este espazo de diálogo e traballo da principal estrutura creativa e de produción das artes escénicas de Galicia, na que participarán axentes escénicos de referencia de todos os eidos do sector. Trátase dunha xornada de reflexión e traballo sobre os retos aos que se enfronta o noso sector escénico profesional na post-pandemia, no ano de transición 2021 e seguintes.