Día
Domingo 10 de novembro

Hora
Por determinar

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Libre

Inscrición
Ata o 3 de outubro

Participantes
Centros escolares de Primaria e Secundaria de Bergantiños

Sobre a actividade

As voces de nenos e nenas, e de mozos e mozas, levarán o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das ondas radiofónicas. Co apoio dos centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca, o alumnado realizará interpretacións lidas de fragmentos de textos teatrais na emisora Radio Voz.

A final e a entrega de premios do XIX Concurso Escolar de Teatro Lido terá lugar o domingo 10 de novembro de 2019 no Pazo da Cultura. Este día participarán os finalistas do concurso, logo de pasar polas ondas, e actuará Caxoto como mestre de cerimonias.

Ademais de gozar da experiencia radiofónica nuns estudios profesionais, os gañadores repartiranse premios cun importe total de 850 euros.

Organiza: Asociación Cultural Telón e Aparte
Colabora: Radio Voz Bergantiños e Libraría Brañas Verdes.

Consulta as bases aquí.