Día
Sábado 22 outubro 2022
Hora
13.00 h, 13.30 h, 19.00 h e 19.30 h
Espazo
Debaixo da ponte do Parque do Anllóns
Capacidade
20 persoas por pase
Duración
15 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
O teu corpo e o meu con-forman unha montaña. A túa man no meu ventre é un carballo. O meu rostro no teu pescozo, un regato de auga morna. Somos unha folla de oliveira en perfecto equilibrio e mar aberto. Unha paisaxe en movemento. Un estudo infinito do noso territorio. Xeotermia. Xeodinámica. Xeopoética.
Entre a tenrura e a forza, a precisión e o xogo, transcorre este poema visual, esta viaxe polo territorio que con-forman, esta intimidade do seu ser xuntos creado por Ánxela Blanco e Simone Romanò neste espectáculo de danza-circo.
Ficha
Creación e interpretación: Ánxela Blanco e Simone Romanò
Vestiario e colaxe musical: Ánxela Blanco e Simone Romanò