Día
Xoves 7 outubro 2021

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura. Salón de actos

Entrada
Gratuíto
Ata completar capacidade. 

Duración
30 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Un espazo estraño ábrese no momento da espera. Ensaio poses diante do espello e elixo a mellor, a máis atractiva, para que el apareza e me atope desexable.

O OTNI introduciranos nun proceso creativo aínda aberto, que realizará unha presentación aberta ao público da obra de Marta Valverde, 30´70 60´120, na que reflexiona sobre a precariedade actual –no traballo en xeral e no traballo sexual en particular–, desde unha perspectiva documental que mestura o live cinema e a conferencia performativa.

Este proxecto iniciouse no mes de xullo no Pazo da Cultura e forma parte do programa Residencias Paraíso para a danza e as artes vivas impulsado polo colectivo RPM, co apoio da AGADIC da Xunta de Galicia e co que colabora o Concello de Carballo desde o seu inicio.

Marta Valverde é unha artista que desenvolve o seu traballo no audiovisual e na fotografía, desde a experimentación e a hibridación de formas, interesada na memoria e na intimidade.

 

Ficha

Dirección: Marta Valverde e Hella Spinelli
Intérprete:
Marta Valverde