Día
Xoves 29 e Venres 30 setembro 2022 (pre-estrea)
Domingo 2 outubro 2022 (estrea)
Hora
Xoves e Venres, 11.30 h
Domingo, 18.00 h
Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
50 minutos
Idade
A partir de 5 anos
Sobre o espectáculo
Sara odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real: non ten case amigas ou amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos… Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas e é invencible nas loitas. Pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual. Ata que entra nun videoxogo novo.
A nova obra de Galeatro achéganos ao acoso escolar e tamén nos sumerxe na realidade virtual que invade cada vez máis a vida dos cativos, e tamén dos adultos… É un mundo moi atractivo e suxestivo, pero, que pasa cando este substitúe ao real?
Para o FIOT é un pracer acompañar de novo á primeira compañía de teatro profesional carballesa na produción deste último espectáculo de gran formato e ofrecerllo en primicia ao noso público familiar. Paula Carballeira, referente galego no teatro infantil, é autora deste texto creado para Galeatro e que pronto será realidade tamén en libro.
”O avatar fai o que ti non podes facer, pero segues sendo ti, só que moito mellor. Noutra realidade.
Ficha
Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez e Mario Rodríguez
Deseño vestiario e espazo escénico: Anahí Taraburelli
Deseño espazo sonoro: Davide Gonzalez
Iluminación: Nacho Martín
Dramaturxia: Paula Carballeira
Dirección: Davide González