Día
Venres 27 de setembro

Hora
18.00 h

Espazo
Biblioteca Rego da Balsa

Entrada
Libre previa reserva na biblioteca

Duración
90 minutos aprox.

Idade
Público infantil

Sobre o espectáculo

Non sabemos que teñen os gatos, se é polo seu camiñar misterioso ou polas súas sete vidas, pero hai unha chea de historias arredor dos michos, michiños, micifús, mininos ou como queirades chamarlles. Tres das máis felinas, áxiles e divertidas foron escollidas por Pedro Brandariz, actor moi vinculado ao FIOT desde os seus inicios profesionais, para presentar este espectáculo infantil co que abrimos a Rúa dos Contos. A estrea absoluta desta peza será unha feliz ocasión para aprender educación en valores.