Día
Sábado 19 de outubro

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
8 €

Duración
90 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Un galán e o seu criado foxen da casa dunha moza e serán salvados por unha feiticeira que os fará viaxar no tempo. Tentarán namorar a Aurora, unha dama cun segredo e, errando no seu camiño máxico, chegarán ata o século XXI.

Aventuras, maxia, enredos amorosos, duelos, música en directo, cancións, poesía, xogos escénicos, ritmo e humor dan vida a esta comedia clásica contemporánea sobre o amor, o paso do tempo, o desexo, a procura da identidade e a loita da muller polo dereito a decidir por riba de intereses e convencionalismos e que reivindica a conquista da súa liberdade.

Esta é a primeira comedia en verso do século XXI. Unha obra única creada á maneira dos grandes autores do Século de Ouro polo dramaturgo e poeta Álvaro Tato, ben coñecido no FIOT polo seu traballo na compañía Ron Lalá. Neste novo proxecto teatral está acompañado polo director Yayo Cáceres e pola produtora Emilia Yagüe.

Todas hieren y una mata é pura comedia, puro teatro.

Ficha

Intérpretes: Alba Banegas, Antonio Hernández, Diego Morales, Sol López e Carlos Lorenzo
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Iluminación: Miguel A. Camacho
Música: Yago Cáceres
Fotografía: David Ruiz
Dramaturxia: Álvaro Tato
Dirección: Yago Cáceres