Día
Sábado 25 setembro 2021

Hora
23.00 h

Espazo
Mercado Municipal

Entrada
5 €

Duración
60 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

A festa como lugar de comuñón e bailar como acto de resistencia, de ruptura co cotián, de hedonismo físico e emocional. Un mecanismo de reprogramación mental, máis necesario ca nunca tras o confinamento vivido, e na que o público será parte esencial da peza. Queremos comezar esta edición do FIOT celebrando estar xuntos e, por fin, bailar.

A esencia das festas techno ou “raves” cobrará vida en Technocracia, un proxecto multidisciplinar que emprega a música electrónica, a voz, a luz e os corpos en movemento como metodoloxía de creación para desenvolver unha experiencia afectiva e sensorial, singular. O artista plástico Mauro Trastoy realiza unha intervención creada para o Mercado, configurando un dispositivo de baile seguro, e converterá ao público en facilitador do espectáculo. Unha experiencia liberadora coa que gozar da creación contemporánea.

Partindo do autoretrato e da autoficción, a compañía de artes vivas Funboa Escénica, busca xerar un sentimento de identificación co público, reflexionando sobre o xeral desde o cotián, e poñendo o noso corpo e a experiencia no centro da dúbida do que somos. Os seus procesos creativos integran metodoloxías múltiples e interdisciplinares.

Un contrapunto ao dixital no que a presenza do público ten un papel determinante.

Ficha

Produción: Funboa Escénica
Autoría e interpretación: Cristina Balboa, Félix Fernández e Manuel Parra
Dirección: Cristina Balboa
Invitada especial e asistencia de movemento: Elvi Balboa
Deseño dispositivo escénico: Mauro Trastoy
Iluminación: Afonso Castro
Música orixinal: Cristina Balboa, Félix Fernández, Manuel Parra, Pipo Rodríguez, Lefrenk e Roi Fanzine
Asistencia de produción: Manu Lago
Colaboradores: Agadic, Colectivo RPM, corpo(a)terra, Galicia Danza Contemporánea e De corpos presentes
Procedencia: Galicia