Día
Sábado 14 outubro 2023
Hora
Próximamente
Espazo
Dubra Café
Entrada
Libre e de balde
Idade
Todos os públicos
Sobre a actividade
Con finalidade de xerar sinerxias e aproveitar a potencialidade do FIOT, nesta edición propoñemos unha nova actividade de apoio ao tecido artístico e empresarial das artes escénicas galegas para mellorar o seu coñecemento e visibilidade no exterior de Galicia. Trátase dun encontro entre xornalistas de referencia do ámbito escénico estatal, que virán a Carballo a coñecer o festival, e compañías galegas convidadas polo FIOT.
Nun formato de breve xuntanza, os artistas poderán presentar a súa liña de traballo e os seus proxectos actuais ou futuros, coñecendo, tamén, as necesidades da prensa especializada e establecendo entre ambos mundos interesantes vínculos de traballo conxunto a futuro. Unha sesión distendida en torno a un café para poñer en común desexos, proxectos, xiras, inquedanzas… que faciliten o descubremento e enriqueza profesionalmente a ambos.
Co apoio da: Concellaría de Turismo e Promoción Económica