Día
Venres 22 outubro 2021

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
95 minutos

Idade
+16 anos

Sobre o espectáculo

O que me ocorreu, non ocorreu nunca. O que me ocorreu é unha gran mentira. Unha invención. O que me ocorreu non o sabe ninguén. Nunca o dixen. Porque non ocorreu. Ninguén pode velo. A ninguén lle importa. Iso que non me ocorreu, sucedeu hai demasiado tempo. Os recordos. A asfixia. O asco. A vergoña. Toda a rabia. Todo o dano.

A través da historia dun abuso sexual infantil, catro actrices desdóbranse para amosarnos a distancia entre o ser que sofre e o que observa, como convivimos co dano, como somos as súas testemuñas e a incapacidade de entendernos a nós mesmos ou aos demais.

Tras unha labor intensa de investigación e documentación, Antonio C. Guijosa escribe unha obra de conmovedora humanidade que nos atrapa e golpea sen renunciar á delicadeza, e pola que é finalista aos premios Max como Mellor Autoría Revelación. Recordamos o anterior paso desta compañía polo FIOT, polo éxito doutro espectáculo tamén comprometido cos conflitos sociais e éticos, Iphigenia de Vallecas, gañadora do Premio do Público do FIOT 2018 e de dous premios Max 2019 ao mellor espectáculo e interpretación.

Ficha

Reparto: Ana Mayo, Beatriz Grimaldos, Camila Viyuela / Irene Doher y Muriel Sánchez
Texto e dirección: Antonio C. Guijosa
Deseño de iluminación: Daniel Checa
Escenografía e vestiario: Mónica Teijeiro
Deseño de son: Mar Navarro
Arreglos musicais: Toni M. March
Deseño gráfico: Marisol del Burgo
Fotografías de escena: Moisés Fernández
Fotografía de cartel: Marc de Cok-Buning & Merysú de Cock-Buning
Axudante de produción: Paloma de Pablo
Prensa e comunicación: María Díaz
Distribución: GG Producción Escénica
Unha produción de: Serena Producciones