Día
Domingo 30 outubro 2022
Hora
20.30 h
Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
100 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Vestido cun traxe de etiqueta co que non acaba de sentirse cómodo, o dramaturgo vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado Silencio. Os seus oíntes son outros académicos e as persoas que viñeron acompañalo esta tarde. Elixiu falar sobre o silencio na vida e no teatro. Tamén viaxar por silencios teatrais que resoan na súa memoria e no seu corpo.
Igual que aos espectadores, esos silencios enfréntano cos da súa propia vida. Quizais o silencio, poña o discurso en perigo. Quizais o más importante sexa, por riba e por debaixo das palabras, escoitar xuntos o silencio.
Juan Mayorga é un dos grandes dramaturgos contemporáneos de España, o máis representado dos autores vivos, multipremiado e recente Premio Princesa de Asturias. Converteu en teatro o seu discurso de ingreso na Real Academia Española regalándonos unha obra aguda e exquisita na que exalta o valor do tempo e do silencio tanto na creación como na vida. E, para dar vida a este discurso e ao mesmo silencio, unha actriz extraordinaria, unha das grandes, Blanca Portillo, que nos hipnotiza facendo memoria dalgúns momentos nos que o teatro nos puxo ante o drama do silencio.
Dous monstros en escena que nos brindan un traballo memorable. Un luxo.
”O resto é silencio.
William ShakespeareHamlet
Ficha
Intérprete: Blanca Portillo
Escenografía e vestiario: Elisa Sanz
Iluminación: Pedro Yagüe
Espazo sonoro: Manu Solís e Mariano García
Maquillaxe e perruquería: Thomas Mikel Nicolas
Dirección: Juan Mayorga