Día
Sábado 8 outubro 2022
Hora
23.00 h
Espazo
Mercado municipal
Entrada
10 €
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Tres mulleres recrean o que lles sucedeu hai xa uns cantos anos e cóntannos a “primeira vez” dunha das tres. Hai que buscar á persoa axeitada para iniciarse nas relacións, pero, claro, non sempre unha elixe a opción que mellor lles parece ás amigas. Enredos, reaccións inesperadas e divertidísimas por conseguir un bo orgasmo. Miña madriña! E todo visto desde a perspectiva do tempo, desde o aquí e o agora.
O humor e as risas están garantidos neste espectáculo para adultos adaptado e dirixido por José Cruz Gurrutxaga a partir da obra de Yolanda García Serrano, autora dalgunhas das comedias máis sobresaíntes do cine español como ‘Todos los hombres sois iguales’ (Goya ao mellor guión). Unha comedia sexy protagonizada por Susana Soleto, Itxaso Kintana e Gurutze Beitia.