Día
Venres 4 de outubro

Hora
00.00 h

Espazo
Pub Stars

Entrada
Libre

Duración
60 minutos

Idade
Público adulto e maior de 14 anos (con permiso dos pais ou titores legais)

Sobre o espectáculo

Que é o sexo? Que é o amor? É o sexo mellor con amor? Pódese amar a alguén se non te amas a ti mesmo?  Estas son algunhas das cuestións que nos propón a polifacética artista Patty Diphusa no seu espectáculo de variedades, un show feminista e pro-LGTBQAI+ que nos fará reflexionar, en clave de humor, sobre a autoaceptación, a sinceridade, as relacións e a profilaxe. Un espectáculo profiláctico que abrirá bocas e mentes!