Día
Venres 1 outubro 2021
Hora
23.00 h
Espazo
Casino 1889
Entrada
3 €
Duración
60 minutos
Idade
+18
Sobre o espectáculo
Arantxa Treus non ten pelos na lingua. No resto do corpo si, moitísimos. E nesta edición da Rúa dos Contos vaino demostrar con Sexo débil, o carallo!, un divertido monólogo no que amosará a súa faceta máis cómica narrando algunhas vivencias, anécdotas e miserias da súa propia vida e das alleas, deixando claro como ser muller e non morrer no intento. Só apto para homes e mulleres que desexen escachar coa risa!
As risas estarán aseguradas grazas ao peculiar humor desta versátil artista, coñecida pola súa participación en programas de TV, series como “Serramoura”, “Fariña” ou “Gondar” e compañeira de reparto de Luis Zahera e Sergio Pazos no seu último show cómico.
Ficha
Creación e interpretación: Arantxa Treus