Día
Sábado 25 setembro 2021

Hora
21.30 h

Espazo
Rua Jacinto Amigo

Entrada
3 €

Duración
60 minutos

Idade
+14

Sobre o espectáculo

Cantante, actor, poeta, O’ Leo Arremecaghoná é un activista cultural, un underground enxebre capaz de cantarlle á vida, á loita de clases, á poesía de hoxe e á de antes, ao idioma e á realidade do que fomos e do que somos cun talento único, persoal e auténtico.

Convertido nun bardo punk e contestatario, o de Matamá presenta Sé(mente de vencer), unha intensa e emocionante viaxe que bebe do blues do Delta e da canción protesta, e que soa aos discos dos vellos bluesmen dos anos 20 e 30. Este proxecto, que xa estivo en Lisboa, no festival Barnasants de Barcelona, en Valencia e en Bruxelas é un auténtico pracer para os sentidos e un convite á reflexión.

Os ingleses teñen a Billy Bragg; da nosa parte, nós temos ao Leo.

V. NeiraFaro de Vigo