Día
Venres 15 outubro 2021

Hora
De 17.00 a 22.00 h
4 espectadores cada 20 minutos

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
5 €

Duración
55 minutos

Idade
A partir de 14 anos

Sobre o espectáculo

Unha paisaxe en crise. Unha realidade desaparecida. Unha ollada sobre o futuro desde un presente cambiante, veloz e incerto que convida á reflexión sobre o cambio climático a partir do actual colapso medioambiental do Mar Menor, no campo de Cartaxena (Murcia).

Ronem Ram é un percorrido vivencial, unha experiencia individual na que cada espectador/visitante, seguindo o son duns auriculares, percorrerá diferentes pezas plásticas interactivas que conforman unha estraña viaxe a un ecosistema especulativo do futuro. Unha experiencia sobre a natureza, os seres humanos e a natureza humana.

Este complexo dispositivo escénico, mestura ciencia e ficción especulativa, artes plásticas, arte sonoro e diversos recursos tecnolóxicos desde unha mirada narrativa e teatral. É a primeira parte do proxecto da compañía Onírica Mecánica “Ensaios dun presente”, un conxunto de obras híbridas que nos confrontan a dous grandes problemas que a crise actual puxeron máis de manifesto: o futuro do medio ambiente e, en consecuencia, o dos seres humanos.

Baixo o nome de Onírica Mecánica, Jesús Nieto constrúe mundos poético-mecánicos-imaxinarios para todos os namorados do extraordinario. O seu traballo afonda na memoria recente e na nosa relación coa tecnoloxía. Ten recibido numerosos premios pola orixinalidade e innovación das súas creacións, presentes en festivais de máis de 25 países.

Para os que non poidan asistir de forma presencial, teremos Ronem Ram.0 (en liña a través de Zoom).

Unha proposta que consegue o silencio. Ese silencio final nun visitante chocado co que viu e escoitou. Cando foi afectado.

Antonio HernándezHuffpost
Ficha

Produción: Onírica Mecánica
Creación: Jesús Nieto
Deseño de produción, distribución e acompañamento artístico: Inés Gutiérrez (Impulsarts)
Son: Pedro Guirao
Documentación e arquivo: Salvi Vivancos
Luz, plástica, dramaturxia e dirección artística: Jesús Nieto
Voces: Cristina Peregrina, Jesús Nieto, Estela Santos e Inés Gutiérrez
Asistente de dirección: Alicia Bernal
2 º asistente de dirección: Estela Santos
Asistente audiovisual: Paula Alemán
Asistente de luz, dramaturxia e programación: Andrés Soto
Implementación tecnolóxica: Javier Gorostiza
Deseño gráfico: Pepo Devesa
Fotografía: Marcos G.
Procedencia: Murcia