Día
Luns 31 de outubro 2022

Hora
21.00 h

Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura

Entrada
15 €

Duración
100 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes do espectáculo futbolístico saltan ao escenario coas súas historias máis escuras para recrear un dos tantos partidos de fútbol do século.

Comedia, música e crítica son os ingredientes principais deste espectáculo xornalístico-documental que parte da investigación de Nacho Carretero sobre o deporte de masas: o que se ve no campo, pero tamén o que permanece oculto fóra da nosa visión.

O exitoso equipo da versión teatral de Fariña que presentamos no FIOT 2019 volve a iniciar a súa xira pechando o noso festival, para, seguro, repetir o mesmo éxito que colleitou por toda España.

Ainé alíase co Centro Dramático Galego para crear un espectáculo de gran formato nun modelo de coprodución inédito.

O que se ve no campo e os arredores, o que permanece oculto fóra da nosa visión, nos vestiarios, nos palcos e nas cabezas dos seus protagonistas.

Ficha

Intérpretes: Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo e Xoán Fórneas
Vestiario: Laura Baena
Espazo sonoro: Vadim Yukhnevich
Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Espazo escénico: José Faro “Coti”
Dramaturxia: José L. Prieto, sobre textos de Nacho Carretero
Dirección: Tito Asorey