Día
Sábado 15 outubro 2022

Hora
23.00 h

Espazo
Mercado municipal

Entrada
8 €

Idade
A partir dos 12 anos

Sobre o espectáculo

Moitas son as similitudes que unen a estes dous artistas da comedia. Os dous son enxeñosos, divertidos e ocorrentes. Os dous son da terra (un de Ordes e outro de Cabana). E, sobre todo, os dous dominan as novas plataformas dixitais (TikTok e Youtube). E pese á súa mocidade, ambos os dous poden presumir de ser finalistas en varios programas de humor e contar cunha intensa traxectoria na televisión.

Por iso, propuxémoslles que compartirán escenario para ofrecer, en primicia, un espectáculo a dúas bandas como se dunha regueifa humorística se tratara.

En Quen aguanta isto?, Pablo Meixe, o futuro da stand-up comedy, reflexión cómica sobre todas esas situacións que nos suceden a diario e que acaban por superarnos.

O prometedor bergantiñán Adrián do Regenco recompila en Así son algunhas das súas historias máis populares da canle de Youtube coas que dá forma ao seu primeiro espectáculo de monólogos.

Unha noite moi viral e cargadiña de risas e moita retranca.