Día
Mércores 27 outubro 2021

Hora
19.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Recoméndase confirmación de asistencia no correo fiot@fiot.gal

Sobre a actividade

En 2017, o FIOT conmemorou o 100 aniversario do falecemento dun bergantiñán referente para as nosas letras, Eduardo Pondal, coa coprodución dun espectáculo teatral en colaboración coa compañía Contraproducións. O festival encargoulle a Cándido Pazó, un dos nosos mellores dramaturgos e Xograr do Outono, a escrita do texto. O espectáculo estreouse no festival o 27 de outubro de 2017 e percorreu toda Galicia con numerosas funcións.

Fillos do Sol é unha elucubración escénica nun acto e un epílogo, a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.