Día
Venres 30 setembro 2022

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva, trasladarase ao 2º andar do mercado municipal)

Entrada
Libre

Duración
50 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Esta é a historia dun home rural atrapado desde a infancia polo efecto xiroscópico da súa buxaina e nunha viaxe de enredos e xiros que nos transporta ao xogo, un dos estados máis importantes da vida.

O espectáculo, que está recén estreado pero conta xa con diversos premios, responde a unha investigación artesanal na construcción deste elemento de xiros hipnóticos que ten más de seis mil anos de historia. Fusiona as artes do circo co xogo máxico e ancestral, camiño da extinción, co virtuosismo, co risco e co humor. Unha artesanal obra maestra baseada na memoria e nas raíces.

Guillem Vizcaíno é un prestixioso manipulador de obxectos e malabarista, que investiga elementos clásicos do circo como pelotas, coitelos ou monociclo, combinándoos con outras disciplinas e linguaxes. Recuperará do noso recordo un xogo tradicional como a buxaina da que é un virtuoso, xa que é campión mundial de estilo libre de manipulación de peóns.

Será capaz de deter o tempo?

Ficha

Intérprete, creación de buxainas, escenografía, idea orixinal e dirección: Guillem Vizcaíno
Vestiario: Artesanías Greca
Autor musical: Jaume Compte
Deseño de luces: Jaume Miralles