Día
Xoves 20 de outubro 2022
Hora
20.30 h
Espazo
Salón de actos do Pazo da Cultura
Entrada
Gratuita
Duración
40 minutos
Idade
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
A cabalo entre un álbum de música, unha conversa e unha coreografía sitúase a nova creación de Natalia Fernandes, un proceso de investigación que se traducirá nun concerto en directo titulado El carnaval no es alegre, nunha playlist que achegará ao centro do escenario o universo poético do cantante Caetano Veloso, que formateou o pensamento e o corpo desta performer.
Unha xenealoxía musical e coreográfica que revela a mirada de Natalia Fernandes cara o seu país e coa que pretende achegar a mirada periférica, lusoparlante, colonizada, exiliada, romántica, idealista e resistente de Caetano Veloso, abrindo novos espazos cara a reflexión e o impulso constante de reinvención.
Natalia Fernandes é unha bailarina brasileira, coreógrafa e profesora de danza, afincada en Madrid, cunha ampla traxectoria profesional e destacadas colaboracións xunto a algúns dos coreógrafos máis importantes de Sao Paulo, Alemaña, Estados Unidos ou España.
Este traballo, aínda en proceso, é o resultado do realizado o pasado mes de agosto no Pazo da Cultura, que acolleu a residencia desta artista, como unha actividade de apoio á creación e a súa posta en valor ante os espectadores, a través da colaboración co programa interinstitucional de Residencias Artísticas Paraíso impulsado dende o Colectivo RPM, co apoio, entre outros, da AGADIC e do Concello de Carballo.
”É unha favela, é a periferia. É unha coreografía sen ritmo. É un álbum de música. É un mozo de Río de Janeiro cun dragón tatuado no brazo. É unha muller en Madrid.
Ficha
Intérprete: Natalia Fernandes
Espazo sonoro: Vicky Leaks
Iluminación: Alván Prado
Video maker: Blanca Bonet
Autoría: Natalia Fernandes en colaboración co seu equipo
Dirección: Natalia Fernandes