Día
Venres 7 de outubro 2022
Sábado 8 de outubro 2022
Hora
Venres, 21.00 h
Sábado, 20.30 h
Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
85 minutos
Idade
A partir de 13 anos
Sobre o espectáculo
Personaxes que intentan e fracasan ou que non saben por onde empezar, personaxes que de súpeto experimentan vivencias que en ningún caso vivirían polo feito de seren homes, personaxes que tentan familiarizarse con toda a nova terminoloxía que nos últimos tempos describe tendencias, identidades, gustos e desgustos… Situacións ben recoñecibles co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.
Este manual para orientar ao público sobre as novas masculinidades é un convite á reflexión sobre o impacto do patriarcado nos propios homes, poñendo o foco no home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consonancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada.
É un orgullo acoller e estrear no FIOT esta produción do lendario e querido dúo cómico Mofa & Befa. Co gallo do seu 30 aniversario, emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto, Clara Gayo, María Lado e Lucía Aldao e no que non faltará a música de marcado estilo perrallas rock.
Non perdas o percorrido pola súa traxectoria que poderemos realizar a través da exposición que estrearemos no Pazo da Cultura, antes de realizar a súa xira mundial.
”Mofa e Befa saen do armario con lentes violetas... e non lles quedan nada mal.
Ficha
Intérpretes: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
Deseño de vestiario: Mofa e Befa
Deseño de son: Piti Sanz
Iluminación: Octavio Mas
Deseño de escenografía: Marcelino de Santiago, Kukas
Dramaturxia: Lucía Aldao, Clara Gayo e María Lado
Dirección: Clara Gayo
A sesión do sábado 8 de outubro, ás 20.30h, é unha función accesible, previa reserva no correo fiot.carballo@gmail.com antes do día 3 de outubro.