Día
Venres 28 de outubro 2022

Hora
21.00 h

Espazo
Salón de actos do Pazo da Cultura

Entrada
5 €

Duración
50 minutos

Idade
A partir de 12 anos

Sobre o espectáculo

Eva é protagonista da peza Eroski Paraíso do grupo Chévere. Son personaxes (de mentira) baseados en persoas colectivas (de verdade). Pero Eva non está sendo ela mesma: está actuando de si mesma nunha historia da que forma parte, pero que tampouco é a súa. Ser actriz é funcionar como Eva, e tantas outras mulleres, que moitas veces actúan como subalternas. Son outras falando a través delas.

Patricia de Lorenzo protagoniza esta conferencia performativa sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou ao longo dos últimos quince anos en diferentes obras da compañía Chévere. Unha enriquecedora viaxe de descuberta entre esa forma de representar personaxes alleos que normalmente reproducen os imaxinarios do poder ou comprometerse a formar parte dunha historia e falar por si mesma ata erixirse como mediadora sobre o escenario. Algo que pasa por tomar conciencia e tomar partido.

Xograresa de Outono 2019, Premio Mestre Mateo 2020 ou María Casares 2012, entre outros, e máis de tres décadas de traballo en teatro, cine, televisión e dobraxe avalan a traxectoria dunha das actrices máis grandes da escena galega, vinculada a Chévere desde 1994. Xunto a esta compañía de referencia en Galicia e proxección nacional, Premio Nacional de Teatro 2014, protagonizou todas as súas montaxes, entre as que se atopan títulos que xa forman parte da historia teatral galega.

Elas son as que están aí diante nosa, pero non falan por si mesmas. Son outros falando a través delas.

Ficha

Intérprete: Patricia de Lorenzo