Día
Sábado 25 setembro 2021

Hora
20.00 h

Espazo
Rúa Jacinto Amigo

Entrada
3 €

Duración
60 minutos

Idade
+12

Sobre o espectáculo

Oswaldo Digon é un galego con moito “prestige”, un semental que chora por todo e sofre nostalxia recordando os 80. É Outra Movida!, ou iso reza o novo espectáculo que presentará en Carballo, e que non é máis que unha recompilación de contos sobre a súa disparatada vida, baseado en feitos reais e aprobado pola comisión de táboas de mareas para piscinas e estanques.

Antes de asistir á función, convén saber que todas as personaxes que saen nas historias deste actor de teatro e monologuista retranqueiro teñen o nome cambiado para que os poidades identificar facilmente e, tranquilidade, durante a súa creación ningún ser vivo sufriu ningún dano físico ou moral, incluído o propio autor. Así que, gozádeo!

Ficha

Creación e interpretación: Oswaldo Digón