Día
Sábado 23 outubro 2021

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
90 minutos

Idade
Adulto

Sobre o espectáculo

Tras casar en segredo con Desdémona, Othello é designado rexedor en Chipre. Iago, o seu alférez, moverá as inseguridades e os celos do seu superior, tecendo con fíos raciais e de xénero unha perigosa arañeira coa que logrará atrapar a todas as personaxes da obra.

#NiUnaMenos, #BlackLivesMatter, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que segue de plena actualidade. Volver sobre os pasos da historia para abordar a identidade de xénero, a violencia machista e a estrutura do sistema patriarcal é o obxectivo da nova adaptación do clásico de Shakespeare, dirixido por unha das creadoras máis efervescentes da vangarda escénica, Marta Pazos. Unha nova visión, creada desde o universo feminino a través das personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca, que aposta pola comedia como ferramenta para combater a dor, o odio e a mentira.

A coidada posta en escena, o impacto visual e a mirada irreverente caracterizan o traballo de Voadora, que aposta pola investigación na creación contemporánea cun equipo conformado por artistas de diferentes disciplinas, creando montaxes únicas,  presentes nos escenarios de toda España, con grande éxito.

Ficha

Dirección: Marta Pazos
Texto: William Shakespeare
Versión: Fernando Epelde
Reparto: Joaquín Abella, Ángel Burgos, Ana Esmith, Chumo Mata, María Vázquez e Hugo Torres
Iluminación: Nuno Meira
Espazo escénico: Marta Pazos
Vestiario: Silvia Delagneau
Música orixinal: Hugo Torres
Coreografía: María Cabeza de Vaca
Traballo de palabra: Miguel Cubero
Axudante de dirección: Lucía Díaz-Tejeiro
Axudante de escenografía: Pablo Chaves Maza
Fotografía de escena: Estrella Melero
Axudante de producn: Vicente Conde
Prensa: The Office Comunicación
Distribución & Management: Montse Triola
Produtor: Jose Díaz
Unha produción de: Voadora
En coprodución con: MIT Ribadavia, Teatro de La Abadía & Teatro Nacional São João
Co apoio de: IBERESCENA e AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería e Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22.
Estrea: 15 de maio de 2021 no Teatro de La Abadía de Madrid