Día
Domingo 29 de setembro

Hora
20.00 h

Espazo
Mercado municipal

Entrada
10 €

Duración
70 minutos

Idade
A partir de 13 anos

Sobre o espectáculo

Que difícil podería resultar se tivésemos que escoller entre todos os monólogos de Carlos Blanco: cal nos fai rir máis, cal resulta máis entrañable, cal máis pillabán… Pero o de Vilagarcía poñeránolo moi doado. O mítico actor fai unha revisión dalgunhas das súas pezas máis coñecidas, entre as que figuran As bravas da Arousa (Queres Kiwis?),As grandes frases das nosas avoas e avós, A dobraxe porno ou Galizara. E como xa é un clásico nas súas intervencións, Carlos xogará con elementos de actualizade, improvisando, adaptando e facendo jazz coa palabra para que o público se deixe levar pola risa. 30 anos de traxectoria resumidos, barallados e servidos para gozar en 60 minutos de risas garantidas.